Formación titorizada

 

 

Formación titorizada

 

Fórmate en liña en competencias dixitais, co acompañamento dunha persoa titora que te axudará na resolución de dúbidas e o afianzamento dos coñecementos

 


 

 

CARACTERÍSTICAS da FORMACIÓN TITORIZADA

 

Modelo que promove a dinamización da participación do alumnado e asegura un soporte constante e efectivo. Este modelo integra unha atención continuada co obxectivo de acompañar o proceso formativo, proporcionando feedback regular e avaliación das tarefas realizadas. Ademais, inclúe a corrección e resolución de dúbidas organizativas, de contido e técnicas ao longo do curso, garantindo así unha experiencia de aprendizaxe completa e enriquecedora.

 

Formación en liña, sendo necesario ter un equipo informático con conexión a internet e navegador web.

 

Para facilitar a comunicación e o acompañamento, estará dispoñible un foro dentro da plataforma, onde as persoas participantes poderán realizar consultas relacionadas co desenvolvemento do curso e recibir soporte técnico de forma áxil e organizada, atendido pola persoa xestora.

 


 

 

 

  FORMACIÓN  TITORIZADA

 

NIVEL COMDIX

ESTADO

DESCRIPCIÓN

Consiste en completar un itinerario formativo composto de 6 bloques  titorizados seguindo un modelo de avaliación contínua e titorización activa que promove a dinamización da participación do alumnado e asegura un soporte constante e efectivo.

Ao superar cada bloque, o alumnado obterá un diploma de aproveitamento acreditando os coñecementos adquiridos e as horas de formación correspondentes.

A superación do total dos bloques que conforman este itinerario formativo eximirá da necesidade de facer unha proba de certificación final como tal para a obtención da correspondente certificación ComDix (nivel Iniciación),  que será emitida de oficio pola Amtega  acreditando oficialmente as competencias adquiridas neste nivel formativo.

Número de prazas limitado, previa inscrición da convocatoria que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

O curso ten unha duración de 10 semanas na que ti marcas o teu propio ritmo, sen horarios, realizándose tamén sesións grupais de acompañamento con especialistas para resolver dificultades e retos que poidan xurdir durante a formación.

Para dar por finalizado o curso, terás que ter participado nun mínimo dun 80% das actividades avaliativas, obtendo así un diploma acreditativo da formación recibida.

Este programa formativo NON outorga directamente a certificación ComDix - Intermedio, pero sí é unha preparación para o mesmo.

Para a súa obtención é necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas periódicamente  pola Amtega no Diario Oficial de Galicia.

 


 

Preguntas frecuentes (FAQs)