Formación titorizada: preparación para a proba libre - nivel Intermedio

 

 

 

Fórmate en liña en competencias dixitais, co acompañamento dunha persoa titora que te axudará na resolución de dúbidas e o afianzamento dos coñecementos.

Aberta permanentemente, con edicións periódicas previa inscrición.

 

 

 


 

 


 

 

 FORMACIÓN  DISPOÑIBLE

NIVEIS ESTADO

Formación titorizada: preparación para proba libre 

(curso completo de 250 horas)

 

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) está a desenvolver o Programa de Formación Dixital - Competencias Dixitais Intermedias, dirixido ás persoas que desexan adquirir a capacitación de nivel intermedio e para dotalas para que se poidan desenvolver plenamente no mundo dixital.

É un programa acreditado pola Xunta de Galicia, totalmente gratuíto, en liña e cunha titorización constante para mellorar no uso das tecnoloxías para as situacións cotiás, crear e xestionar as redes sociais nas que desexes participar, coñecer as principais ferramentas de ciberseguridade ou para ampliar as túas competencias cara o mercado laboral.

O curso ten unha duración de 10 semanas na que ti marcas o teu propio ritmo, sen horarios, realizándose tamén sesións grupais de acompañamento con especialistas para resolver dificultades e retos que poidan xurdir durante a formación.

Para dar por finalizado o curso, terás que ter participado nun mínimo dun 80% das actividades avaliativas,

Obterás un diploma acreditativo ao finalizar a formación emitido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia, e conseguirás a preparación necesaria para optar á obtención do ComDix(*).

(*)Este programa formativo NON outorga directamente a certificación ComDix, pero sí é unha preparación para o mesmo. Para a súa obtención é necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas directamente pola Amtega.

 


 

CARACTERÍSTICAS da FORMACIÓN TITORIZADA sen avaliación contínua

 

Modelo que promove a dinamización da participación do alumnado e asegura un soporte constante e efectivo. Este modelo integra unha atención continuada co obxectivo de acompañar o proceso formativo, proporcionando feedback regular e avaliación das tarefas realizadas. Ademais, inclúe a corrección e resolución de dúbidas organizativas, de contido e técnicas ao longo do curso, garantindo así unha experiencia de aprendizaxe completa e enriquecedora.

 

Formación en liña, sendo necesario ter un equipo informático con conexión a internet e navegador web.

 

Para facilitar a comunicación e o acompañamento, estará dispoñible un foro dentro da plataforma, onde as persoas participantes poderán realizar consultas relacionadas co desenvolvemento do curso e recibir soporte técnico de forma áxil e organizada, atendido pola persoa xestora.

 


 

 

Preguntas frecuentes (FAQs)