Inscrición no curso de teleformación titorizado ComDix - Iniciación (edición 2025)

Solicitude de inscrición no curso de teleformación titorizado ComDix - Iniciación (edición 2025)
No caso de non ser usuario/a da rede CeMIT, con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, sendo imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. No mesmo enderezo pode comprobar e actualizar os seus datos persoais, credenciais, contrasinal de acceso ou a conta de correo onde nos comunicaremos con vostede.
(Prazo aberto dende o xoves 24 de abril ata o luns 05 de maio, inclusive)
Clickando no boton "Reservar" o sistema solicitaralle as súas credenciais de usuario/a da rede CeMIT para proceder a súa preinscrición.
Unha vez remate o prazo de preinscrición realizarase o sorteo público de extracción do número que corresponderá a un día e hora concreto no que se realizou a inscrición para obter a orde de prelación das persoas con dereito á realización do curso. O resultado publicarase nesta web posteriormente.