Inscrición para as probas do ComDix - ULTIMO DÍA 18 de outubro

Solicitude de inscrición nas probas ComDix
De acordo co establecido na Base Segunda do Anexo II da Resolución do 6 de agosto de 2024 (DOG nº 168, do 2 de setembro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, no seu nivel iniciación, publícase a listaxe das quendas dispoñibles para solicitar a preinscrición nas mesmas.
Tal e como se recolle nas ditas bases, soamente poderase presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante en cada edición (unha en outubro e unha en novembro), sendo excluídos automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario dunha mesma edición.
No caso de non ser usuario/a da rede CeMIT, con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, sendo imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. No mesmo enderezo pode comprobar ou actualizar os seus datos persoais, credenciais, contrasinal de acceso ou a conta de correo onde nos comunicaremos con vostede.
Unha vez realizada a súa inscrición aparecerá o seu estado como "inscrito/a" e cambiará a "Matriculado/a" no caso de que sexa seleccionada no sorteo que se realizará unha vez rematado o prazo de inscrición de cada unha das 2 convocatorias. No caso de non ser seleccionada na primeira convocatoria (outubro) aínda podería solicitar a súa inscrición na seguinte convocatoria (novembro), xa que coñecera o resultado antes da finalización do segundo prazo.
Prazo de inscrición: ata o 18 de setembro, inclusive
-
Prazo de inscrición: ata o 18 de outubro, inclusive
Para a resolución de dúbidas, enviar consulta ao correo: formacion-cemit@xunta.gal