Data e hora de realización do sorteo público de extracción do número aleatorio para establecer a orde de prelación - Probas presenciais ComDix (ed 1/2024)

En cumprimento do establecido na base Terceira.- Criterios de selección da Resolución do 6 de agosto de 2024 (DOG nº 168, do 2 de setembro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, no seu nivel Iniciación, publícase o lugar e data de realización do sorteo público para establecer a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles para a realización das probas de certificación en cada localidade (edición de OUTUBRO).
Sorteo para a edición das probas de OUTUBRO:
DÍA: Xoves, 19 de setembro
HORA: 10:00 horas
LUGAR: Oficina CeMIT - Centro de Emprendemento de Galicia
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707- Santiago de Compostela
· Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) ao primeiro solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.
· Realizarase un sorteo a través dunha aplicación informática que seleccionará aleatoriamente un único número de entre os que integran a listaxe de persoas solicitantes do punto anterior. Este número corresponderá ao día, hora e minuto concretos en que se realizou a preinscrición.
· As prazas adxudicaranse a partir da solicitude correspondente co número determinado no parágrafo anterior da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.
· Para os efectos do número anterior, no caso de finalizar a lista sen cubrir o número total de prazas dispoñibles, continuarase desde o seu comezo.
· O resultado do sorteo, así como as listaxes provisionais de persoas admitidas provisionalmente para a súa matriculación e en listaxe de agarda, será publicado na páxina web da rede CeMIT para a súa consulta pública (http://cemit.xunta.gal)
· As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es
· Unha vez rematado ese prazo, e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.