Laboratorio de Inglés todos os niveis 2014-2015
Laboratorio de Inglés todos os niveis 2014-2015
02
Oct
-
25
Jun
A Caniza
Horario
16:00-20:00
Modalidad
Presencial
Horas totais
156
Prazas totais
30
Prazas libres
7
Inscricións
23
Nivel
Medio
Idade mín.
16
Idade máx.
85
Profesores
Eva Rodríguez Rodríguez
Observacións
Martes: de 17.00 a 18.30 , os martes ca profesora de inglés en dous turnos iniciación e avanzado ( proxector ); xoves de 17.00 a 20.00 horas, ordenadores o, os xoves temos laboratorio de inglés poden acudir todos os alumnos de 17.00 a 20.00, o prezo de este curso e de 20 €/mes. Traballamos co curso de inglés denominado “Global English Academy” do Grupo Océano. Este curso está formado por todos os soportes necesarios para a aprendizaxe e a consolidación desta lingua, tan importante hoxe en día pola súa ampla difusión a todos os niveis. O método deste curso basease na capacidade de reproducir as condicións adecuadas para un aprendizaxe por inmersión, grazas á gran cantidade de materiais audiovisuais de apoio. Pero ademais conta cunha enorme cantidade de exercicios nos CD-ROM e nos libros de actividades, cunha organización didáctica progresiva que permite adquirir o rendemento óptimo en cada fase da aprendizaxe. O curso conta dentro dos CD-ROM co innovador Laboratorio de aprendizaxe interactiva, un sistema de recoñecemento de voz que grava as intervencións do alumno-a, compáraascun modelo estándar do inglés e infórmalle , mediante un indicador gráfico , do nivel de corrección acadado, permitíndolle repetir o exercicio ata conseguir unha pronunciación perfecta. Presenta tres niveis para que cada alumno-a opte polo nivel que se adapta aos seus coñecementos de inglés: Beginners, Intermediate e Advanced. Obxectivos que persegue: coñecemento da lingua inglesa dende un punto de vista práctico, empregando todos os soportes necesarios para a aprendizaxe e a consolidación desta lingua. Tarefas que hai que realizar: a obra está organizada en unidades e leccións que se dividen en sección de actividades, estruturas, vocabulario e solución , respondendo a un criterio pedagóxico de gran eficacia que permite ir avanzando coa seguridade de deixar consolidadas todas as leccións. Ao final de cada volume inclúese un sumario de estruturas gramaticais para unha identificación e localización dos contidos. Axentes participantes: Axente TIC do concello da Cañiza, Técnico de cultura do concello da Cañiza, Profesora inglesa licenciada. Realización: De outubro a xuño (martes e xoves) 17.00 a 20.00 horas Resultados esperados: aprendizaxe , consolidación ou mellora da lingua inglesa para cada un dos nosos alumnos-as.