Iníciate no mundo da programación: Creación de videoxogos [Infantil-G1]

O obxectivo desde curso é a formación nos procedementos básicos para a creación de contidos multimedia adaptados á web. Trátase de preparar e optimizar recursos de tipo texto, imaxe, audio ou vídeo para posteriormente publicalos nun blog. Proponse un proceso creativo completo onde en primeiro lugar se plantea a obtención dos recursos multimedia orixinais (véxase fotos ou vídeos da cámara dixital, pistas de audio dun CD ou grabación dunha locución, etc). A continuación abórdase o tratamento para darlles un formato máis adecuado, logo publícanse nun servicio Web 2.0 para finalmente integralos nunha entrada ou gadget do blog.

Iníciate no mundo da programación: Creación de videoxogos [Infantil-G1]
Curso
02 Jul
- 20 Aug

Padrón

Horario
18:00-19:00
Tema
Imaxe, Audio e Vídeo
Modalidad
Presencial
Horas totais
15
Prazas totais
12
Prazas libres
2
Inscricións
10
Nivel
Básico
Idade mín.
15
Idade máx.
70
Profesores
Sandra Ferreiro Santos
Observacións
Introdución á programación para os máis xoves: SCRATCH é unha das ferramentas que nos van a permitir comezar a empregar a linguaxe de programación dunha maneira sinxela pero eficiente. Cando se traballa con Scratch compréndense facilmente conceptos matemáticos e informáticos que están moi ben integrados no programa, como son: Os procesos interactivos (bucles) Os criterios condicionais (si, entón, si-non) As coordenadas dun plano, etc. A isto, súmase que estes conceptos apréndense dentro dun contexto significativo e motivador. Non é o mesmo comprender o significado das variables nun contexto de aprendizaxe da programación tradicional, que cando se emprega para o control da visualización dunha animación ou un xogo que un mesmo está deseñando e desenrolando de maneira personalizada. Encantaralles!