Aprende a usar o teu smartphone

Aprende a usar o teu smartphone
Curso
01 Dec
- 09 Dec

As Pontes

Horario
11:00-13:00
Tema
Dispositivos móbiles
Modalidad
Presencial
Horas totais
10
Prazas totais
10
Prazas libres
2
Inscricións
9
Nivel
Medio
Idade mín.
16
Idade máx.
99
Profesores
Lorena Tenreiro Blanco
Observacións
Aprende a usar o Smartphone é unha actividade realizada grazas á colaboración de Amtega e a Fundación Vodafone España. Esta actividade pretende ensinar a manexar os novos teléfonos móbiles, a utilizar as vantaxes que ofrecen na vida diaria. Está orientada a persoas maiores que teñan dificultades no uso dos teléfonos. Realizarase en horario de 11 a 1 dende o día 1 de decembro ata o día 9, cunha duración total de 10 horas. Grazas á colaboración de Vodafone contaremos con 10 terminais para a realización do curso. Temario: 1. Que é e como é un Smartphone? 2. Acender o teléfono 3. Iconas de pantalla 4. Chamar 5. Recibir chamadas 6. A axenda de contactos 7. A cámara de fotos e vídeo 8. Escribir mensaxes 9. Conectarse a Internet 10. Descargar aplicacións 11. Aplicacións recomendadas A aparición dos novos teléfonos móbiles “smartphones” e das “tablets” xerou un novo cambio que temos que asimilar para non quedarnos á marxe dunha serie de novos servizos imprescindibles para poder vivir con plena autonomía persoal e independencia. As vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores son innumerables en aspectos relacionados coa súa seguridade (geolocalización, teleasistencia...), a posibilidade de gozar novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV...), maior relación cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,...), unha mellor información (noticias e prensa on-line...), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), e todo iso do peto ou no bolso á man, en calquera lugar e a calquera hora. O curso é totalmente gratuíto. Para apuntarse acode a aula CeMIT do concello situada no soto da casa Dopeso.