Creación de Wikis e WebQuests
O obxectivo desde curso é a formación nos procedementos básicos para a creación de contidos multimedia adaptados á web. Trátase de preparar e optimizar recursos de tipo texto, imaxe, audio ou vídeo para posteriormente publicalos nun blog. Proponse un proceso creativo completo onde en primeiro lugar se plantea a obtención dos recursos multimedia orixinais (véxase fotos ou vídeos da cámara dixital, pistas de audio dun CD ou grabación dunha locución, etc). A continuación abórdase o tratamento para darlles un formato máis adecuado, logo publícanse nun servicio Web 2.0 para finalmente integralos nunha entrada ou gadget do blog.
Creación de Wikis e WebQuests
02
May
-
04
May
Poio
Horario
16:30-18:00
Tema
Imaxe, Audio e Vídeo
Modalidad
Presencial
Horas totais
4.5
Prazas totais
6
Prazas libres
6
Inscricións
1
Nivel
Básico
Idade mín.
15
Idade máx.
70
Profesores
Oscar Freire Ríal
Observacións
As Wikis creáronse nun primeiro momento para o almacenamento de información organizada e as WebQuests para fins educativos. Sen embargo, dado o seu sinxelo uso e as súas potentes características para organizar a información e crear contido interactivo o seu uso espallouse a moitos outros ámbitos aparte do profesional e educativo.
Coma exemplo e referente do uso da tecnoloxía de Wikis temos a recoñecida WikiPedia, que utiliza esta tecnoloxía ao permitir organizar e rexistrar dun xeito doado e eficaz grandes cantidades de información.
No curso explicaranse como crear sinxelas Wikis e WebQuests que poderá ir mellorando e expandido con novo contido.