XeoPosicionamento con OpenStreetMaps (OSM)
XeoPosicionamento con OpenStreetMaps (OSM)
26
May
-
27
May
Poio
Horario
17:00-18:30
Tema
Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Modalidad
Presencial
Inscrición
25/05/2016 00:00:00
Horas totais
3
Prazas totais
6
Prazas libres
6
Inscricións
1
Nivel
Medio
Idade mín.
16
Idade máx.
85
Profesores
Oscar Freire Ríal
Observacións
O xoves 26 e venres 27 realizarase a actividade de XeoPosicionamento con OpenStreetMaps. Para esta actividade contarase coa colaboración da Asociación XeoPesca
OpenStreetMaps (OSM) é unha plataforma que permite o acceso e edición libres de mapas xeográficos ao estilo de Google Maps con caracter colaborativo, de xeito similar á WikiPedia, só que neste caso o que se edita son mapas e que o propio OpenStreetMap se autodefine como “O wiki mapa libre do mundo”.
O XeoPosicionamento permite situar xeográficamente un lugar e con OpenStreetMaps poden incluirse diferentes elementos aparte dos nome de rúas ou de outros sitios, pódense rexistrar elementos coma bancos, fontes, cabinas de teléfono e, en xeral, calquera tipo de servizo dispoñibles.
Verase o funcionamento de OpenStreetMaps, como se realiza a localización e rexistro dos elementos a xeoposicionar e como incluilos en OSM.
Se o tempo o permite, farase unha saída por Combarro realizando unha pequena ruta para comprobar que os elementos que xa estén referenciados sexan correctos, actualizalos se é necesario ou rexistralos se non estivesen incluidos no mapa.
Tamén se realizará unha pequena actividade de GeoCaching para dar a coñecer este tipo de actividades.
Hai que ser maior de 16 anos, con autorización por escrito, ter coñecementos básicos de informática e dispor de smartphone con GPS ou localizador GPS para o rexistro das coordenadas.
O Horario será de 17:00 a 18:30 horas.