Iniación a Fotografía Dixital
Este microcurso de 15 horas ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes.
Iniación a Fotografía Dixital
27
Jun
-
13
Jul
A Caniza
Horario
10:00-17:00
Tema
Imaxe, Audio e Vídeo
Modalidad
Presencial
Inscrición
26/05/2016 00:00:00
Horas totais
32
Prazas totais
20
Prazas libres
11
Inscricións
12
Nivel
Básico
Idade mín.
12
Idade máx.
60
Profesores
Eva Rodríguez Rodríguez
Observacións
“INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL”
Por Víctor Barro Casal
Propóñote:
- Aprender e aplicar os conceptos básicos da fotografía. Da luz, da composición, para dominar a cámara e
crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe.
- Controlar o proceso: dende a fotografía, descarga, edición e uso da imaxen. Aprender a seleccionar,
correxir e utilizar as túas fotos nas redes sociais ou no teu entorno.
- Crear un espazo de intercambio e mellora que perdure máis alá do obradoiro. A través das redes sociais e
grupos de traballo.
Temario (NIVEL I - INICIACIÓN):
MÓDULO 1 - Fotografía dende cero
A caixa negra, a opturación e o diafragma.
Distintos tipos de cámaras. Diferencias, ventaxas e limitacións.
Partes da cámara e funcionamento (iniciación ao concepto de fotografía)
Fotómetro para medir a luz. Como funciona ?
Velocidade de obturación ou tempo de exposición.
Apertura do diafragma.
Zoom vs distancia focal.
Sensibilidade e balance de blancos.
Aprender a expoñer.
O derecheo e a compensación da exposición.
MÓDULO 2 - Mellorando a composición e aproveitando o momento
Modos manuais e de prioridades (Av-T-S)
As posicións da opturación: Medición da luz e enfoque.
Tipos de medición da luz.
Tipos e formas de enfoque.
MÓDULO 3 - Dominar a cámara
Xogando coa profundidade de campo.
Compensación da exposición.
A regra dos tercios e outras regras que se poden incumplir.
Proporcións e encuadre.
Puntos de vista, orixinais.
Ver a luz e elexir o momento.
Traballar o ollo fotográfico.
2 tipos de fotografías: As que nacen diante e as que nacen dentro.
MÓDULO 4 - Fotografía temática
O básico para facer fotos de retrato. Roubados e autorizados.
Qué ter en conta para facer fotografía urbana ?
Fotografía de viaxes.
Aumentar o noso equipo? Cándo, cómo, porqué ?
Trípode, filtros, disparadores, flash, qué nos aportan, para que serven ?
MÓDULO 5 - Despois da fotografía !! Introducción a edición fotográfica.
O prodeso fotográfico completo
Programas de edición fotográfica e retoque.
O que se pode e non pode facer coa edición.
Modificacións básicasI: Enderezar, recortar.
Modificacions básicas II: Contraste, luz de fondo, saturación.
Outras modificacions: Crear panorámicas, collage e videos sinxelos.
Redes e grupos para seguir aprendendo.
Ao final do curso serás capaz de:
Entender conceptos básicos de fotografía pero sobre todo saber aplicalos.
Coñecerás o teu equipo fotográfico e o manexarás con soltura.
Seras capaz de aplicar regras de composición para mellorar as túas fotografías estéticamente e
técnicamente.
Serás capaz de ver de forma fotográfica e valorar a luz en cada instante, apreciando os pequenos
detalles.
Coñecerás conceptos básicos de edición fotográfica para utilizar as túas imaxes en redes sociais.
Terás un espació “on-line” de discusión e traballo con outros afecionados da fotografía que fixeron
cursos como este.
Condicións:
Cada asistente deberá aportar a súa propia cámara. Sen importar o modelo.
Non son precisos coñecementos previos de fotografía.
Duración: 30h presenciais repartidas a partes iguais entre práctica e teoría en sesións de 3 horas. Durante a
semana.