Uso de Google Maps / OpenStreetMap (OSM)
O obxectivo desde curso é a formación nos procedementos básicos para a creación de contidos multimedia adaptados á web. Trátase de preparar e optimizar recursos de tipo texto, imaxe, audio ou vídeo para posteriormente publicalos nun blog. Proponse un proceso creativo completo onde en primeiro lugar se plantea a obtención dos recursos multimedia orixinais (véxase fotos ou vídeos da cámara dixital, pistas de audio dun CD ou grabación dunha locución, etc). A continuación abórdase o tratamento para darlles un formato máis adecuado, logo publícanse nun servicio Web 2.0 para finalmente integralos nunha entrada ou gadget do blog.
Uso de Google Maps / OpenStreetMap (OSM)
13
Oct
-
13
Oct
Poio
Horario
19:00-20:30
Tema
Imaxe, Audio e Vídeo
Modalidad
Presencial
Inscrición
12/10/2016 00:00:00
Horas totais
1.5
Prazas totais
6
Prazas libres
6
Nivel
Básico
Idade mín.
15
Idade máx.
70
Profesores
Oscar Freire Ríal
Observacións
OpenStreetMaps (OSM) é unha plataforma que permite o acceso e edición libres de mapas xeográficos ao estilo de Google Maps con carácter colaborativo, de xeito similar á WikiPedia, só que neste caso o que se edita son mapas e que o propio OpenStreetMap se autodefine como “O wikimapa libre do mundo”.
Permite situar xeograficamente diferentes elementos aparte dos nome de rúas ou de outros sitios, coma bancos, fontes, cabinas de teléfono e, en xeral, calquera tipo de servizo dispoñibles.
Verase o funcionamento de OpenStreetMaps, como se realiza a xeolocalización e rexistro dos elementos.
Tamén se verá o uso de Google Maps, como gardar rutas ou medir distancias.