Aula Mentor EDUCAOROSO 2016

Servizo de apoio, reforzo, titorización e/ou asesoramento ás actividades realizadas na aula, é dicir, entendido como un horario no que a aula está aberta con presenza dun profesional que axuda a solventar as dúbidas sobre emprego das TIC e facilita orientación sobre o emprego das mesmas as persoas que acuden á Aula

Aula Mentor EDUCAOROSO 2016
Curso
01 Jan
- 07 Nov

Oroso

Horario
12:30-19:30
Tema
Formación dixital básica
Modalidad
Presencial
Inscrición
30/12/2016 00:00:00
Horas totais
534
Prazas totais
25
Inscricións
25
Nivel
Básico
Idade mín.
16
Idade máx.
85
Profesores
Miguel Anxo Gómez Mosquera
Observacións
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación e Ciencia, poñen en marcha unha ampla oferta de cursos mediante o uso das últimas tecnoloxías informáticas e audiovisuais (internet). A oferta formativa facilita a oportunidade de actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Son ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet. Ver cursos: http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor Destinatarios. Persoas maiores de 18 anos. Non se require titulación previa. Calquera adulto que se desexe formar para acceder a un posto de traballo ou aumentar o seu nivel cultural. Organización. As aulas onde se realizan as actividades de formación dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, como ordenadores, número de conta en internet para cada alumno, CD-ROM, vídeos, biblioteca, etc…, así como un profesor-administrador que axuda aos alumnos/as nas súas conexións á rede, na comunicación co titor e en todo o que facilite o proceso de aprendizaxe. O horario de asistencia á aula acórdase co profesor-administrador do centro. O alumno/a recibe unha conta de correo gratuíta, datos de conexión a internet e non necesita asistir á aula, excepto para realizar a proba final presencial. Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar e cada alumno leva o seu ritmo de aprendizaxe. O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a todas as dúbidas. Acreditación. Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.