Telefonía Móbil

Videoconferencia desde a Escola Galega de Consumo

Telefonía Móbil
Charla
06 Feb
- 06 Feb

Beariz

Horario
11:00-12:00
Tema
Dispositivos móbiles
Modalidad
Presencial
Inscrición
06/02/2017 11:30:00
Horas totais
1
Prazas totais
11
Inscricións
11
Idade mín.
16
Idade máx.
85
Observacións
Charla informativa a treves de videoconferencia dende a Escola Galega de Consumo sobre os dereitos dos consumidores nesta materia. Entre os seus obxectivos están os de asesorar e informar os cidadáns para que defendan os seus dereitos como consumidores desde o momento que adquiren un terminal móbil ou contratan un servizo. Falarase dos principais conceptos que hai que ter en conta na contratación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, portabilidade, etc. Trataranse tamén temas como as irregularidades na facturación, na prestación de servizos ou nos incumprimentos do contrato (roaming, SMS Premium, subscrición a chamadas non solicitadas, modificacións contractuais, etc). Por último, analizaranse as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e cómo realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo.