Rapaciñ@s: Obradoiro de Robótica
Rapaciñ@s: Obradoiro de Robótica
28
Oct
-
28
Oct
Celanova
Horario
10:00-14:00
Tema
Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Modalidad
Presencial
Horas totais
4
Prazas totais
17
Inscricións
17
Nivel
Medio
Idade mín.
12
Idade máx.
99
Observacións
Hoxe en día estímase que o 43% dos postos de traballo actuais desaparecerán e que
todos os traballadores requirirán de competencias en novas tecnoloxías. É necesario polo
tanto que os nosos mozos e mozas estean PREPARADOS!!!!.
O proxecto que presentamos pretende fomentar nos máis novos o desenrolo de
habilidades cognitivas, pensamento crítico, concentración, aprendizaxe continuo,
creatividade, concienciación ecolóxica e coñecementos sobre novas tecnoloxías.
A intención desta xornada é que cada mozo que asista poida descubrir o sentimento
de facer e crear cousas que temos canto máis novos somos. Quen os participantes o
chegar as súa vivendas queran investigar máis sobre os temas nos que os iniciamos. A máis
disto, pretendemos que o coñecemento que usou para crealo o comparta coa sociedade, e
igual que el valeuse da investigación doutras persoas para levar a cabo a súa idea, outras
persoas poidan valerse do seu.
As actividades das xornadas de divulgación tecnolóxica serán a iniciación a
programación (orientada a robótica) e a electrónica (arduino, makey makey). Iniciaremos
os participantes en cada unha destas materias e enxertaremos neles a curiosidade para
seguir profundizando nelas.
Tomando coma base as especificacións do método ABP (Aprendizaxe baseada en
Proxectos) pretendemos iniciar o participante nas materias realizando un proxecto sinxelo
que ten comezo e final, evitando así o sentimento de frustración que pode xurdir nos máis
novos a hora de non ver rematado o proposto.