Obradoiros Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos

Obradoiros Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos
Curso
03 Aug
- 03 Aug

Celanova

Horario
10:00-13:00
Tema
Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Modalidade
Presencial
Horas totais
3
Prazas totais
13
Inscricións
13
Nivel
Medio
Idade mín.
8
Idade máx.
11
Observacións
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) obradoiros prácticos de experimentación tecnolóxica no marco da iniciativa Girl STEAM. Trátase de impulsar actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas. Grupo 1: 8 a 11 anos Levarase a cabo unha actividade por equipos que terá como produto final unha peza audiovisual en formato stop motion. Partirase dun circuíto de luces led elaborado polo grupo que sirva de base para elaborar o miniguión e construír a historia con fotogramas que se editará para a presentación final do traballo.