Obradoiros Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos

Obradoiros Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos
Curso
04 Aug
- 04 Aug

Celanova

Horario
10:00-13:00
Tema
Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Modalidade
Presencial
Horas totais
3
Prazas totais
12
Prazas libres
4
Inscricións
8
Nivel
Medio
Idade mín.
12
Idade máx.
15
Observacións
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) obradoiros prácticos de experimentación tecnolóxica no marco da iniciativa Girl STEAM. Trátase de impulsar actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas. Grupo 2: 12 a 15 anos Levarase a cabo unha actividade na que se experimentará coa creación de tecidos intelixentes. As rapazas e rapaces aprenderán a programar sensores con Arduino para construír, por grupos, un proxecto sobre unha prenda textil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación, etc.