Guía de Solucións TIC en Software Libre para Profesionais autónomos
Guía de Solucións TIC en Software Libre para Profesionais autónomos
18
Sep
-
18
Sep
A Caniza
Horario
10:30-12:30
Tema
Actividade dunha entidade colaboradora
Modalidad
Presencial
Horas totais
2
Prazas totais
50
Prazas libres
39
Inscricións
11
Idade mín.
16
Idade máx.
80
Profesores
Eva Rodríguez Rodríguez
Observacións
AULA CEMIT DA CAÑIZA
DÍA 18 de setembro, terá lugar a presentación da Guía de Solucións TIC en Software Libre para Profesionais autónomos, charla que terá lugar en horario de 10:30 a 12:30 horas no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela e será retransmitido por videoconferencia Aula CeMIT da Cañiza.
A Guía de solucións TIC en Software Libre para Autónomos é unha actuación promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia e en colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e a Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), para achegar o uso e manexo das TIC, Tecnoloxías das Información e a Comunicación aos profesionais autónomos.
Temos escoitado en numerosas ocasións que o uso e domino das TIC, poden axudar a mellorar o noso negocio, a vender máis, a ser máis competitivos, a incrementar a produtividade, pero... ¿sacámoslle todo o partido ao noso teléfono móbil, ao noso correo electrónico, aos servizos on line ou ás máis simples ferramentas ofimáticas (procesador de texto, folla de cálculo...)? Sabemos que son os novos servizos “na nube” ou o software libre?
Para responder a esta e outras preguntas, vaise poñer en marcha esta iniciativa: Guía de Solucións TIC en Software Libre para Autónomos, un proxecto que constará dunha acción formativa puntual de curta duración, asesoramentos personalizados e un conxunto de materiais didácticos que estarán á vosa disposición na páxina web do CDTIC.