Seminario técnico Oracle Database 12C - base de datos deseñada para a nube
Seminario técnico Oracle Database 12C - base de datos deseñada para a nube
17
Dec
-
17
Dec
A Caniza
Horario
16:30-20:30
Tema
Actividade dunha entidade colaboradora
Modalidad
Presencial
Horas totais
4
Prazas totais
20
Prazas libres
20
Idade mín.
16
Idade máx.
80
Profesores
Eva Rodríguez Rodríguez
Observacións
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar e impartido pola empresa Oracle, o martes 17 de decembro a partir das 16:30 horas terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre introdución a base de datos na nube Oracle database 12c.
Como evolución das sucesivas versións de Oracle Database a versión 12c incorpora novas funcións a través de Oracle Multinetant que permiten aproveitar as vantaxes da nube e que inclúen o uso compartido de recursos e a flexibilidade da xestión.
Un dos aspectos esenciais da viaxe á nube é a consolidación das bbdd baseada en esquemas e sen ter que efectuar cambios nas aplicacións existentes. A versión 12c permite que unha soa base de datos contenedor multitenant albergue múltibles bases de datos conectables. Cada base de datos que se consolida ou conecta a multitenant ten o mesmo aspecto e comportamento que as versións anteriores á consolidación.
Outra característica salientable da nova versión enlaza con funcións de automatización e optimización do ciclo de vida da información posibilitando a supervisión da antigüidade e uso dos datos e movéndoos entre os distintos niveis de almacenamento e comprensión segundo corresponda.
O relator da xornada será José Álvarez Gómez, integrante do equipo Oracle University, experto en bases de datos Oracle e gran coñecedor doutras áreas como Oracle Linux, VM Server, Exadata, Big Data etc... José Álvares é un dos poucos expertos que posúen a certificación OCM 11g da base de datos Oracle.
Obxectivos
O obxectivo do seminario é dar a coñecer, dende o punto de vista técnico, a nova versión da bbdd Oracle deseñada para a nube e trasladar aos/ás asistentes información relacionada cos procesos de consolidación con multitenant, novas funcionalidades, seguridade, optimización do ciclo de vida e migración de datos.
Esta seminario esta dirixido preferentemente a administradores de bases de datos e, en xeral, desenvolvedores, administradores de sistemas e persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre a materia.
Duración
4 horas
Temario
· Consolidación de bases de datos. Oracle Multitenant.
· Dispoñibilidade e seguridade.
· Automatización e optimización do ciclo de vida.
· Migración de datos.Durante este seminario amosaráse unha visión clara e práctica do que é o BigData (tratamento e análise de grandes repositorios de datos), de cómo se poden beneficiar as empresas e as saídas profesionais asociadas.