Seminario sobre normativa de protección de datos en contornas Microsoft
Seminario sobre normativa de protección de datos en contornas Microsoft
11
Dec
-
11
Dec
A Caniza
Horario
16:30-20:30
Tema
Actividade dunha entidade colaboradora
Modalidad
Presencial
Horas totais
4
Prazas totais
20
Prazas libres
20
Idade mín.
16
Idade máx.
99
Profesores
Eva Rodríguez Rodríguez
Observacións
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar, o mércores 11 de decembro a partir das 16:30 horas terá lugar no salón de actos do CNTG en Santiago un seminario sobre a AFECTACIÓN DA REFORMA DA NORMATIVA EUROPEA DE PROTECCIÓN DE DATOS EN CONTORNAS MICROSOFT
O seminario diríxese a empresas e profesionais de redes Microsoft que pretendan achegarse ás novidades da normativa europea de protección de datos dunha forma sinxela e práctica.
O contido da normativa tomará especial importancia nos próximos anos e significará importantes novidades no ámbito da xestión, análise de riscos e documentación das infraestruturas.
Débese lembrar que: “…o descoñecemento da Lei non exime do seu cumprimento.”-.
Duración
4 horas (16:30 a 20:30 horas)
Contido:
• Introdución
• Obxecto e ámbito de aplicación do Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE.
• Obrigacións básicas do Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE.
o Legalización
o Lexitimación
o Protección: Establecementos de Medidas de Seguridade
• Outros aspectos do Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE.
Seminario a cargo de:
Genís Margarit Contel
European Privacy Seal Expert
Membro da Asociación Profesional Española de Privacidade (APEP)
Membro da Comisión de Seguridade do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións
Enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Catalunya desde o ano 2005, conta con máis de 15 anos de experiencia como consultor independente en TIC. Emprendedor desde xa hai máis de 8 anos combina a súa actividade como docente en Telecomunicacións para a Universidade Pompeu Fabra coa súa actividade como consultor TIC e instrutor oficial dos fabricantes en tecnoloxía: Microsoft, Cisco, Google e Asterisk.