CURSO DE INTERNET PARA MAIORES
Capacitación no uso de ferramentas de busca de información en internet, con pedagoxía adaptada a persoas maiores.
CURSO DE INTERNET PARA MAIORES
27
Mar
-
08
Apr
Horario
17:30-19:00
Tema
Formación dixital básica
Modalidad
Presencial
Horas totais
6
Prazas totais
12
Prazas libres
12
Inscricións
6
Nivel
Básico
Idade mín.
45
Idade máx.
99
Profesores
Axente TIC a Coruña
Observacións
Curso organizado pola Biblioteca Pública da Coruña. Destinatarios: persoas maiores que cumpran os seguintes requisitos:
o Idade mínima: 55 anos.
o Situación laboral: recoméndase para persoas xubiladas ou prexubiladas.
o Utilizar a nivel básico (mínimo) un ordenador: manexo do rato e do teclado
ademais de coñecementos sobre que é un ficheiro e a organización de
cartafoles.
Obxectivos:
o Identificar os servizos electrónicos que ofrece a Internet.
o Localizar na Internet páxinas de interese sobre temáticas concretas
empregando motores de busca.
o Empregar os recursos dispoñibles na Internet para comunicarse con outras
persoas (mensaxaría instantánea e vídeoconferencia, telefonía IP, correo
electrónico)
Contidos:
o Que é a Internet e que servizos ofrece?
o Recursos na web para maiores
o Aproveitar o tempo libre sen saír da casa
o O correo electrónico
o Mensaxaría instantánea. Comunícate
Datas: xoves 27 de marzo; martes 1, xoves 3 e martes 8 de abril
Horario: de 17.30 a 19 h
Lugar: Aula CeMIT da Biblioteca Pública da Coruña
Nº de prazas: 12
Inscricións: Na Biblioteca Pública da Coruña (Secretaría e mostrador de préstamos e devolucións), ou cubrindo o seguinte formulario: solicitude curso Internet maiores
Solicitudes ata as 12 horas do luns 24 de marzo. No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles, farase un sorteo e procederase á asignación de prazas por orde alfabética segundo a letra de comezo do apelido.
IMPORTANTE: as persoas admitidas deberán solicitar unha alta de Usuario da Rede CeMIT, imprescindible para poder utilizar os ordenadores da aula na que se impartirá o curso. A alta de usuario da Rede xestionarase na Secretaría da Biblioteca, presentando o DNI.