DESCARGA A TÚA MÚSICA DE FORMA LEGAL

Capacitación na descarga de arquivos musicais de forma legal

DESCARGA A TÚA MÚSICA DE FORMA LEGAL
Curso
28 Apr
- 12 May

Horario
18:00-20:00
Tema
Internet: Ocio e operacións dixitais
Modalidad
Presencial
Horas totais
4.5
Prazas totais
12
Prazas libres
12
Inscricións
2
Nivel
Medio
Idade mín.
1
Idade máx.
99
Profesores
Axente TIC a Coruña
Observacións
SOLICITUDES ATA AS 12 HORAS DO MÉRCORES 23 DE ABRIL. Curso de 4.5 horas (os luns 28 de abril ; 5 e 12 de maio) Destinatarios: Adultos que cumpran os seguintes requisitos: * Utilizar a nivel básico (mínimo) un ordenador * Dispor dunha conta de correo electrónico, necesaria para o rexistro como usuario en sitios web de descarga de música e servizos de streaming * Dispor dunha memoria externa USB cun tamaño libre de, polo menos, 128 MB para almacenar e copiar ficheiros de música * Dispor preferentemente dalgún tipo de reprodutor de música dixital, ou no seu defecto, un teléfono móbil con esta funcionalidade Obxectivos: Identificar as posibilidades de descarga de música de forma legal pola Internet. Coñecer sitios web de descarga de música legal. Descargar cancións con licenza libre (Copyleft) e de pagamento. Utilizar dispositivos e programas de ordenador para reproducir música. Traspasar música entre o ordenador e o reprodutor portátil Contidos: Que é a descarga de música?. Sitios web para a descarga de música legal. Busca e escoita previa de cancións. Selección e descarga de cancións (individual e álbums completos). Reprodución de cancións (ordenador e dispositivos móbiles). Organización da discoteca persoal. Compartir música entre dispositivos (móbiles e ordenadores. Datas: os luns 28 de abril; 5 e 12 de maio Horario: 28 de abril e 5 de maio: de 18.30 a 20 horas ; 12 de maio: de 18 a 19.30 h (total de horas do curso: 4 horas e 30 minutos) Lugar: Aula CeMIT da biblioteca Lugar: Aula CeMIT da biblioteca Nº de prazas: 12 Inscricións: na secretaría e no mostrador de préstamos da biblioteca, ou cubrindo este formulario: solicitude descargas Solicitudes ata as 12 horas do mércores 23 de abril. No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles, farase un sorteo e procederase á asignación de prazas por orde alfabética segundo a letra de comezo do apelido.