Coñecer a Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Coñecer a Sede Electrónica da Xunta de Galicia
29
Apr
-
29
Apr
Verín
Horario
10:00-13:30
Tema
Administración electrónica: eAdministración
Modalidad
Presencial
Horas totais
3.5
Prazas totais
11
Prazas libres
10
Inscricións
1
Idade mín.
18
Idade máx.
80
Profesores
Julia Morales Ojea
Observacións
A SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, un enderezo web dende o cal cidadáns e empresas poden acceder, en condicións totalmente seguras, o seu dereito de acceso á información e aos servizos electrónicos da administración autonómica (https://sede.xunta.es) Esta canle permite interactuar por medios electrónicos, durante todos os días do ano e as 24 horas do día, con todos os órganos da Administración xeral da Xunta de Galicia para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións, coa correspondente documentación complementaria vinculada aos diferentes procedementos administrativos. De modo progresivo, ven incorporando novos procedementos e incluso novos aplicativos, como a utilización da notificación electrónica, co obxectivo de que se converta no punto de acceso único a toda a Administración en internet, ofrecendo a mesma información e os mesmos servizos que teñen agora a súa disposición os cidadáns en calquera das ventanillas das consellerías. Así, a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través da Oficina de Modernización Administrativa, e co obxectivo de darnos a coñecer as posibilidades que se concentran na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, vennos de ofrecer una xornada formativa que terá lugar o vindeiro martes, 29 de abril, en horario de 10:00 a 13:30 horas, e que poderá ser seguida por videoconferencia na AULA CEMIT DA CAÑIZA. Na mesma, poderemos profundizar tanto nos requisitos e configuracións necesarias para utilizar a Sede Electrónica como no coñecemento dos procedementos, trámites e operacións que se poden realizar a través da mesma, o que nos axudará a resolver aquelas incidencias e darlle resposta as preguntas mais frecuentes que nos poden realizar os usuarios das nosas aulas á hora de utilizar a dita plataforma. É por todo isto polo que vos animo a participar nesta xornada, dunha 3 horas de duración, que vos axudará a adquirir e/ou reforzar coñecementos.