 
      
CIBERSEGURIDADE, OS TEUS PRIMEIROS PASOS
      
            
  
    
      
  
   
      
    
	DE MARZO A XUÑO
A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia iniciou o pasado 28 de marzo un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día. 
As sesións formativas estenderase ata o mes de maio baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” e desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 21 concellos de toda Galicia. 
O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de Abegondo, A Caniza, A Bola, Brión, Catoria, Celanova, Cuntis, A Fonsagrada, Eirís (A Coruña), Fisterra, Guitiriz, Leiro, O Porriño, Ortigueira, O Vicedo, Pontevedra, Ribeira, San Sadurniño, Valga, Vigo, Vimianzo.
Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas.
  
   
   
    
Calendario de charlas