 
      
Ciberseguridade, os teus primeiros pasos (Segundas xornadas)
      
            
  
    
      
  
   
      
    
	A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade de 2024 que se celebrarán durante o último trimestre do ano en colaboración coa Rede de Aulas CeMIT.
Trátase dun programa de charlas promovidas baixo o título “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”, unha formación que ten por obxecto sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
Estas sesións celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico e ameno diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, desinformación (bulos e noticias falsas), protección fronte ataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1,5 horas.
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese.
 
   
   
    
Calendario das xornadas formativas
| Aula CeMIT | Datas | Horarios | Inscricións | |
| Ortigueira | 4 de outubro | 10.30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47785 | |
| Leiro | 17 de outubro | 10.30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47760 | |
| A Cañiza | 18 de outubro | 10.30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47671 | |
| Betanzos | 21 de outubro | 11.00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47722 | |
| Pontevedra | 21 de outubro | 10.00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47765 | |
| Catoira | 23 de outubro | 12.00 horas | 
 | |
| Cuntis | 28 de outubro | 16:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47667 | |
| Vimianzo | 30 de outubro | 10:30 horas | Próximamente | |
| Guitiriz | 31 de outubro | 10:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47901 | |
| Celanova | 4 de novembro | 11:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47909 | |
| O Barco de Valdeorras | 7 de novembro | 11:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47906 | |
| Sada | 11 de novembro | 10:00 horas | Próximamente | |
| Fisterra | 13 de novembro | 10:30 horas | 
 | |
| Ribeira | 14 de novembro | 12:30 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47108 | |
| Carballo | 14 de novembro | 17:00 horas | Próximamente | |
| Barreiros | 14 de novembro | 11:00 horas | Próximamente | |
| Monforte | 19 de novembro | 10:30 horas | Próximamente | |
| Riotorto | 21 de novembro | 16:00 horas | Próximamente | |
| O Vicedo | 28 de novembro | 17:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47759 | |
| Moaña | 29 de novembro | 11:00 horas | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47862 | |
| Ponteareas | 16 de decembro | 16:00 horas | Próximamente |