Ciberseguridade para un Nadal máis seguro

Ciberseguridade
27Out
- 27Out

Ciberseguridade para un Nadal máis seguro

CEMIT

A Rede CeMIT ofrece formación en ciberseguridade para un Nadal máis seguro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través da Rede CeMIT, pon en marcha unha nova edición da formación “Un Nadal máis ciberseguro”, orientada a ofrecer á cidadanía pautas prácticas para afrontar con maior seguridade os riscos dixitais propios destas datas. A primeira sesión celebrarase o 28 de outubro na aula CeMIT de Ponteareas.

As accións formativas, cunha duración aproximada de hora e media, desenvolveranse en sesións de mañá ou de tarde en 25 concellos galegos. O obxectivo é facilitar recomendacións sinxelas para realizar compras en liña seguras, detectar páxinas web ou ofertas sospeitosas e identificar fraudes relacionados con promocións comerciais, sorteos, loterías, falsas mensaxes e outras estafas habituais durante o Nadal.

A formación prestará tamén especial atención aos xoguetes intelixentes e dispositivos conectados, achegando consellos para a súa configuración e uso seguro. Esta edición incorpora, ademais, novos escenarios de fraude, exemplos actualizados e recursos de consulta adaptados ás ameazas dixitais actuais.

As persoas interesadas poden consultar as datas e aulas participantes na web da Rede CeMIT, así como a localización dos centros.

Calendario de Aulas

 

AulaProvinciaDataHorario
CeMIT PonteareasPontevedra28/10/202616:30-18:00
CeMIT VigoPontevedra30/10/202610:00-11:30
CeMIT PontevedraPontevedra12/11/202610:00-11:30
CeMIT TuiPontevedra12/11/202617:00-18:30
CeMIT VimianzoA Coruña16/11/202617:00-18:30
CeMIT BetanzosA Coruña16/11/202610:00-11:30
CeMIT CercedaA Coruña23/11/202610:00-11:30
CeMIT AbegondoA Coruña17/11/202610:30-12:00
CeMIT O VicedoLugo18/11/202616:00-17:30
CeMIT VilagarcíaPontevedra19/11/202610:30-12:00
CeMIT San SadurniñoA Coruña24/11/202611:00-12:30
CeMIT Campo LameiroPontevedra25/11/202610:00-11:30
CeMIT OrtigueiraA Coruña18/11/202610:30-12:00
CeMIT FisterraA Coruña26/11/202610:30-12:00
CeMIT CelanovaOurense27/11/202611:30-13:00
CeMIT GuitirizLugo27/11/202610:15-11:45
CeMIT RibeiraA Coruña27/11/202612:00-13:00
CeMIT RiotortoLugo27/11/202617:00-18:30
CeMIT ValgaPontevedra01/12/202610:00-11:30
CeMIT CatoiraPontevedra01/12/202612:00-13.30
CeMIT LeiroOurense03/12/202610:30-12:00
CeMIT PorriñoPontevedra04/12/202611:00-12:30
CeMIT Coruña (Eirís)A Coruña04/12/202610:00-11:30
CeMIT O BarcoOurense14/12/202612:00-13:30
CeMIT BoiroA Coruña01/12/202616:30-18:00