Control Parental. Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnia en Informática de Galicia (CPETIG), organiza unha nova edición das xornadas "Control Parental. Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias".
As sesións celebraranse entre o 25 de setembro e o 23 de outubro nas aulas CeMIT de Ribeira, A Fonsagrada, Moaña e O Barco de Valdeorras, así como no Centro Gaiás Tech.
A iniciativa busca ofrecer ás familias pautas e recursos para acompañar á rapazada nun uso responsable da tecnoloxía, abordando cuestións como os riscos dixitais, os hábitos saudables, o establecemento de límites e o uso de ferramentas de control parental.
As xornadas serán presenciais e terán unha duración de dúas horas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través das seguintes ligazóns:
Calendario das actividades
| Data de realización | Aula CeMIT | Horario | Inscrición |
|---|---|---|---|
| 25/09/2026 | Ribeira | 16:30 a 18:30 | Control parental_Tecnoloxía, infancia e mocidade: Ferramentas para as familias | CeMIT |
| 02/10/2026 | A Fonsagrada | 17:00 a 19:00 | Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para as familias. Control parental. | CeMIT |
| 09/10/2026 | Moaña | 17:00 a 19:00 | Control parental_Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para as familias | CeMIT |
| 23/10/2026 | O Barco | 17:00 a 19:00 | Control parental_Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para as familias | CeMIT |
| 07/10/2026 | Centro Gaiás Tech | 17:00 a 19:00 | Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias | Gaiástech |