 
19Set
      
            - 24Set
      
      
CONTROL PARENTAL - tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias
      
            
  
    
      
  
   
      
    
	Amtega
      
		
            CONTROL PARENTAL - tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias
O ciclo celebrarase durante os meses de setembro e outubro, con charlas formativas presenciais de 2 horas de duración en aulas CeMIT de catro concellos galegos.
O primeiro encontro terá lugar o vindeiro venres 19 de setembro na aula CeMIT de Moaña e continuará en Riotorto, Celanova e San Sadurniño. Adicionalmente, o día 10 de outubro, tamén se celebrará unha xornada no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura.
Contidos a tratar durante as xornadas
- Información. Cales poden ser os riscos dun mal uso da tecnoloxía?
- Responsabilidade e exemplo. Bases dunha boa educación dixital (establecemento de horários, limites, tempos para a desconexión dixital e, sobre todo, comunicación e presenza).
- Prevención e control. Ferramentas e aplicación para o control parental, máis aló do Family link.
- Recomendacións e boas prácticas para unha boa educación dixital na casa.
Inscrición e calendario de actividades
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
Calendario das actividades
| Lugar | Data e horario | Inscrición | 
|---|---|---|
| Aula CeMIT de Moaña | 19/09/2025 17:00 a 19:00 | Inscribirse | 
| Aula CeMIT de Riotorto | 03/10/2025 17:00 a 19:00 | Inscribirse | 
| Centro Gaiás Tech – Cidade da Cultura Santiago de Compostela | 10/10/2025 17:00 a 19:00 | Inscribirse | 
| Aula CeMIT de Celanova | 17/10/2025 17:00 a 19:00 | Inscribirse | 
| Aula CeMIT de San Sadurniño | 24/10/2025 17:00 a 19:00 | Inscribirse |