Finanzas para todos

Finanazas para todos.
20Feb
- 15Set

Finanzas para todos

AMTEGA

20 febreiro ao 15 de setembro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Banco de España,  organiza unha nova edición da iniciativa “Finanzas para todos”, que ofrece á cidadanía coñecementos básicos e as ferramentas necesarias para manexar as súas finanzas de forma responsable e informada nunha contorna dixital. 

Como novidade, este ano a iniciativa conta con dous itinerarios formativos de 7.5 horas distribuídos en tres xornadas. 

O primeiro dos itinerarios dedicarase ás finanzas persoais: o orzamento persoal e os seus compoñentes (ingresos e gastos e as súas clasificacións, aforro, inversión e endebedamento) como punto de partida para unha xestión segura e saudable das finanzas persoais. Adicionalmente, realizaranse casos prácticos sobre contas, tarxetas e formas de pago, ao tempo que se ensina ás persoas usuarias como protexerse fronte á ciberdelincuencia nas operacións financeiras cotiás. O segundo dos itinerarios servirá para afondar nos temas tratados no itinerario para ampliar a confianza da cidadanía no manexo das súas finanzas. 

Durante as sesións formativas empregaranse ferramentas dixitais (LibreOffice, simuladores...) para ampliar as competencias dixitais e aumentar, ao tempo que se fomentan as vantaxes da dixitalización (seguimento do orzamento, dos gastos, informarse, comparar…) e se crea consciencia dos riscos do dixital e, en particular, nas decisións financeiras cotiás.

As persoas interesadas en asistir a esta formación poden consultar as actividades programadas na seguinte ligazón, na que poderán realizar a súa inscrición.