Maiormente creativ@s: receitas dixitais con software libre e gratuíto
Maiormente creativ@s: receitas dixitais con software libre e gratuíto
Desde a rede CeMIT continuamos apostando por proxectos que acheguen a tecnoloxía a todas as idades. Con motivo do Día Internacional das Persoas de Idade, celebrado o 1 de outubro, desenvolvemos Maiormente creativ@s. Receitas dixitais con software libre e gratuíto, unha iniciativa que combina tradición, aprendizaxe e ferramentas dixitais abertas.
O noso obxectivo foi achegar ás persoas maiores ás tecnoloxías libres e gratuítas a través dunha actividade tan cotiá como a elaboración dun receitario, reducindo a fenda dixital e poñendo en valor a súa experiencia e coñecementos.
Entre o luns 29 de setembro e o xoves 2 de outubro realizáronse catro obradoiros dunha hora diaria nas aulas CeMIT de Fisterra e Ortigueira. Traballouse en sete grupos, e cada un elaborou unha receita diferente: pensaron e lembraron a receita, escribírona en Writer, xeraron unha imaxe coa axuda da intelixencia artificial Copilot e déronlle formato ao resultado final antes de compartilo.
Queremos agradecer ás persoas participantes e ás Axentes TIC colaboradoras a súa implicación e creatividade.
Podes descubrir todas as receitas creadas neste receitario: clic aquí