Obradoiros Girl STEAM 2026
NOVA EDICIÓN DOS OBRADOIROS GIRL STEAM PARA FOMENTAR AS VOCACIÓNS TECNOLÓXICAS ENTRE A RAPAZADA GALEGA
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) impulsan unha nova edición da iniciativa Girl STEAM, un programa de obradoiros prácticos orientado a espertar vocacións tecnocientíficas entre a mocidade galega e contribuír a reducir a fenda de xénero nas profesións vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, as artes e as matemáticas.
As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo, agosto e setembro a través da realización de obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas da Rede CeMIT, e adicionalmente tamén se celebrará un obradoiro no Centro GaiásTech na Cidade da Cultura.
Aprender tecnoloxía desde a creatividade e a colaboración
Os obradoiros combinan actividades prácticas de robótica, creación audiovisual e programación creativa, fomentando valores e competencias clave para o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade.
Calendario das actividades