 
      
PROGRAMA SCRATCH DAY destinado á rapazada de entre 7 e 15 anos
      
            
  
    
      
  
   
      
    
	PROGRAMA SCRATCH DAY destinado á rapazada de entre 7 e 15 anos
O programa desenvolverase entre os meses de setembro e outubro, con xornadas formativas en aulas CeMIT de 4 concellos galegos: Tui, Guitiriz, A Coruña e Cuntis. O obxectivo desta formación é mostrarlles aos profesionais do ensino as vantaxes de traballar e ensinar a través deste tipo de tecnoloxía, coa que se incentivan a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas, entre outros valores.
A xornada final do programa terá lugar o 18 de outubro celebrarase na Sala Einsenman da Cidade da Cultura, durante a cal tamén se celebrará, en paralelo, unha actividade formativa específica para profesorado e formadores de centros de ensinanza.
Contidos do programa
- Os rapaces e rapazas que participen no programa desenvolverán a súa actividade en dúas fases.
- Na primeira, introduciranse nos videoxogos con Scratch, aprendendo a mover, lanzar e interacionar con obxectos e crearán un videoxogo básico.
- A continuación, realizarase unha introdución ao uso de MicroBit con Scratch e levarase a cabo a montaxe dun semáforo, alumeado automatizado e adestrarase un modelo propio de machine learning empregando Scratch para coñecer as orixes da IA que se empregan na actualidade.
Inscrición e calendario de actividades
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. Os rapaces e rapazas que queiran participar deben ir acompañados ás xornadas dun adulto. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
| Lugar | Data e horario | Inscrición | 
|---|---|---|
| Aula CeMIT de Tui | 20/09/2025 09:30 a 14:00 | Inscribirse | 
| Aula CeMIT de Guitiriz | 27/09/2025 09:30 a 14:00 | Inscribirse | 
| Aula CeMIT de A Coruña – Centro Cívico de Eirís | 04/10/2025 09:30 a 14:00 | Inscribirse | 
| Aula CeMIT de Cuntis | 04/10/2025 09:30 a 14:00 | Inscribirse | 
| Sala Eisenman – Cidade da Cultura | 18/10/2025 09:30 a 14:00 | Inscribirse |