Programa Tech Kids - Argallando entre xeracións

Manos trabajando en un proyecto de robótica.
28Ago
- 25Out

Programa Tech Kids - Argallando entre xeracións

Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)

A Amtega en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) organiza una ano máis o programa Tech Kids, nesta edición baixo o lema “Argallando entre xeracións”, co obxectivo de fomentar o impulso das vocacións e talento dixital dos máis novos, buscando a colaboración interxeracional na resolución de diferentes retos tecnolóxicos. 

Desenvolverase o programa a través da realización de sesións formativas de 4 horas de duración nas aulas da Rede CeMIT, destinadas a rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos, nas que se realizarán actividades colaborativas que versarán sobre o deseño e modelado en 3D, práctica guiada de construción e programación dun robot e experiencias inmersivas en realidade virtual. Adicionalmente, celebrarase unha sesión formativa no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura.

Estas sesións formativas sentarán as bases coas que as persoas interesadas poderán participar nun concurso tecnolóxico no que preparar os seus propios proxectos. Podes consultar máis información, así como as bases de participación na páxina web do Programa.

Calendario de actividades

Aulas CeMIT participantes Datas Horario Inscrición
Santa Comba 28/08/2024 10:00 - 14:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46994
Pontevedra 29/08/2024 09:30 - 13:30 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46993
Celanova 30/08/2024 10:00 - 14:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46996
Barreiros 02/09/2024 10:00 - 14:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47251
03/09/2024 10:00 - 14:00
Ribeira 04/09/2024 10:00 - 14:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47131
Catoira 05/09/2024 10:00 - 14:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47184
09/09/2024 16:00 - 20:00
O Vicedo 06/09/2024 10:00 - 14:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47178
A Cañiza 09/09/2024 10:00 - 14:00  
Fisterra 10/09/2024 10:00 - 14:00  
Valga 11/09/2024 16:00 - 20:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47298
Cuntis 14/09/2024 10:00 - 14:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47273
18/09/2024 16:00 - 20:00
Leiro 16/09/2024 16:00 - 20:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47249
Cerceda 17/09/2024 16:00 - 20:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47287
Sigüeiro - Oroso 24/09/2024 16:00 - 20:00  
26/09/2024 16:00 - 20:00
Abegondo 08/10/2024 16:00 - 20:00 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47213
GaiásTech 10/09/2024 16:00 - 20:00 Inscrición sesión GaiásTech