Seminarios Scratch Day
NOVA EDICIÓN DOS SEMINARIOS SCRATCH DAY PARA ACHEGAR A PROGRAMACIÓN A NENOS E NENAS DE 7 A 15 ANOS
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), pon en marcha a XI edición do programa Scratch Day, dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos acompañados dun adulto.
As actividades desenvolveranse entre setembro e outubro nas aulas CeMIT de catro concellos galegos e rematarán o 10 de outubro cunha sesión na Cidade da Cultura.
O programa achegará á rapazada á programación e á robótica mediante actividades prácticas con MakeCode, engrenaxes e a construción dun vehículo intelixente, fomentando a creatividade, o pensamento lóxico e a resolución de problemas.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través das seguintes ligazóns:
Calendario das actividades
| Data de realización | Aula CeMIT | Horario | Inscrición |
|---|---|---|---|
| 11/09/2026 | Guitiriz | 16:00 a 20:30 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/56034 |
| 12/09/2026 | Tui | 09:30 a 14:30 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/56011 |
| 26/09/2026 | Fisterra | 09:30 a 14:30 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/56036 |
| Proximamente | Proximamente | Proximamente | Proximamente |
| 10/10/2026 | Sala Convencións Edificio CINC - Cidade da Cultura | 09:30 a 14:30 | https://xi-scratchday-cpetig.eventbrite.es |