A XUNTA IMPULSA UNHA NOVA EDICION DE TECH KIDS PARA CONECTAR O TALENTO DIXITAL DA MOCIDADE E A APRENDIZAXE INTERXERACIONAL NAS AULAS CEMIT

Rapazada montando aparello tecnóloxico.
20Xul
- 19Set

A XUNTA IMPULSA UNHA NOVA EDICION DE TECH KIDS PARA CONECTAR O TALENTO DIXITAL DA MOCIDADE E A APRENDIZAXE INTERXERACIONAL NAS AULAS CEMIT

Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)


-    O programa "Argallando entre xeracións" promoverá a experimentación con tecnoloxías maker, robótica, impresión 3D, programación e intelixencia artificial entre mozos e mozas de 12 a 18 anos.
-    A iniciativa reforza o papel das aulas CeMIT como espazos de innovación, inclusión dixital e cohesión comunitaria, favorecendo a colaboración entre a mocidade e as persoas maiores.
-    As actividades desenvolveranse entre o 20 de xullo e o 19 de setembro, con cando menos 12 xornadas formativas e tres sesións de 2,5 horas de duración por aula.

 A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Tech Kids, que este ano se desenvolverá baixo o lema "Argallando entre xeracións". A iniciativa esta orientada a crear un espazo de aprendizaxe, experimentación e colaboración entre diferentes xeracións, no que a mocidade poida desenvolver competencias dixitais avanzadas ao tempo que comparte coñecementos, experiencias e solucións tecnolóxicas con persoas maiores.

O programa, dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos, desenvolverase nas aulas da Rede CeMIT entre o 20 de xullo e o 19 de setembro. Esta previsto realizar, cando menos, 12 xornadas formativas, estruturadas en tres sesións de 2,5 horas de duración por aula, cun enfoque practico, presencial e demostrativo.

Esta nova edición da continuidade ao obxectivo de Tech Kids de poñer en practica o talento dixital da rapazada, a súa capacidade de resolución de problemas e o desenvolvemento de competencias persoais nunha contorna colaborativa. A proposta reforza ademais o uso dos equipamentos tecnolóxicos dispoñibles nas aulas CeMIT como base para a aprendizaxe aplicada e o desenvolvemento de proxectos autónomos.

Tecnoloxía maker con identidade galega

Os obradoiros estarán centrados na aprendizaxe practica de tecnoloxías maker. As persoas participantes idearan e desenvolveran proxectos baseados na invención, a creatividade e a colaboración, empregando ferramentas como a programación, a robótica, a impresión 3D, a electrónica creativa, os drons ou a intelixencia artificial.

O enfoque diferencial desta edición será a conexión entre innovación tecnolóxica, tradición e cultura galega. A proposta busca que a rapazada utilice a tecnoloxía non so como unha ferramenta de aprendizaxe, senón tamén como un medio para recuperar, reinterpretar e compartir coñecementos vinculados a memoria, aos oficios, as tradicións e as experiencias das persoas maiores.

Deste xeito, Tech Kids "Argallando entre xeracións" promove unha aprendizaxe mais significativa, na que a tecnoloxía se aplica a retos próximos, sociais e culturalmente relevantes. A actividade permitira deseñar e desenvolver retos científico tecnolóxicos interxeracionais capaces de mesturar tecnoloxía, innovación, cultura e tradición.
Semanas de "Innovación entre xeracións"

Como principal novidade, esta edición incorpora as semanas de "Innovación entre xeracións", unha fase posterior a formacion nas aulas na que os proxectos desenvolvidos poderán presentarse en centros cívicos, centros de dia de maiores, asociacións ou outros recursos comunitarios. Tamén poderán organizarse visitas das persoas maiores as propias aulas CeMIT participantes.

Durante estas sesións, a rapazada terá a oportunidade de explicar o traballo realizado, realizar demostracións practicas e facilitar que as persoas maiores participen activamente na experiencia. Cando proceda, tamén poderá facerse entrega dos proxectos desenvolvidos, reforzando así o valor social e comunitario da actividade.

Esta ultima fase será dinamizada polos axentes TIC das aulas CeMIT, que asumiran un papel activo na organización das visitas, na presentación dos proxectos e na continuidade da iniciativa. O seu labor será clave para transformar a actividade formativa nunha experiencia de participación social, acompañamento dixital e conexión interxeracional.

As aulas CeMIT como espazos de encontro e innovación

A iniciativa reforza o papel das aulas CeMIT como espazos de proximidade para a capacitación dixital, a experimentación tecnolóxica e a cohesión comunitaria. Mais alá da formacion técnica, o programa pretende consolidar estas aulas como puntos de encontro entre xeracións, nos que a mocidade achega coñecemento dixital e as persoas maiores contribúen coa súa experiencia, memoria e visión do territorio.

Desde unha perspectiva técnica, o programa permite aproveitar o equipamento avanzado dispoñible nas aulas CeMIT para desenvolver proxectos autónomos e colaborativos. Desde unha perspectiva social, favorece a inclusión dixital, a participación comunitaria e o dialogo entre xeracións, contribuíndo a reducir barreiras no acceso e no uso da tecnoloxía.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través da paxina web da Rede CeMIT.


Sobre Tech Kids

Tech Kids é un programa orientado a achegar a tecnoloxía a mocidade mediante actividades practicas, creativas e colaborativas. Nesta edición, baixo o lema "Argallando entre xeracións", a iniciativa combina tecnoloxías maker, cultura galega e aprendizaxe interxeracional para promover novas competencias dixitais e reforzar a participación social desde as aulas CeMIT.