Modelo de renuncia á participación no curso titorizado COMDIX Iniciacion Edición - 2025
Como ven indicado na Resolución do 10 de abril de 2025 (DOG nº 77, do 23 de abril), pola que se convoca un curso para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel Iniciación, na modalidade de teleformación titorizada. no seu punto oitavo:
Oitava. Renuncia á realización do curso de teleformación
1. As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia débelle ser comunicada por escrito á rede CeMIT. Na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal) está dispoñible un modelo de renuncia.
2. Para formalizar a renuncia poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico formacion-cemit@xunta.gal
3. O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas e en reserva, e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.
4. As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día de inicio desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas xustificadas: hospitalización, nacemento ou adopción, falecemento dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou primeiro de afinidade, obrigas públicas ineludibles e outras de carácter igualmente excepcional.
5. As persoas admitidas deben acceder á plataforma e iniciar a actividade formativa na primeira semana desde o seu comezo. De non facelo perderán a súa praza, que será asignada a outra persoa da lista de reserva, e serán penalizadas segundo o estipulado no parágrafo anterior.
Prema para descarga o modelo de renuncias.
