Convocatoria cursos titorizados en liña

Convocatoria cursos titorizados en linea
Descrición

AMTEGA convoca cursos titorizados en liña para obter a certificación galega de competencias dixitais, no seu nivel iniciación

Nova edición dos cursos titorizados en liña para obter a certificación galega de competencias dixitais #ComDix – no seu nivel iniciación

Trátase de cursos totalmente gratuítos e dirixidos a persoas maiores de 16 anos.
 

👉 Podes escoller entre:
✅ Un itinerario completo de 250 horas, con acceso directo á certificación oficial.
✅ Ou cursos independentes, adaptados ao teu ritmo. Cada curso superado dará dereito ao seu diploma de aproveitamento correspondente, válido para a obtención da certificación unha vez completado todo o itinerario formativo.


📅 Inscricións abertas ata o 28 de febreiro, a través da Rede CeMIT.
📍 Formación en liña, con acompañamento docente e avaliación continua.