A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Banco de España poñen en marcha unha nova edición de “Finanzas para todos”, unha iniciativa para mellorar a educación financeira da cidadanía e fomentar decisións económicas seguras e informadas.
A formación organízase en dous itinerarios de 7,5 horas cada un. O primeiro céntrase nas finanzas persoais, abordando o orzamento, ingresos e gastos, aforro, investimento, endebedamento, medios de pagamento e prevención da ciberdelincuencia. O segundo afonda nos contidos iniciais para reforzar a confianza das persoas participantes na xestión das súas finanzas.
As sesións empregan ferramentas dixitais como LibreOffice ou simuladores para favorecer unha aprendizaxe práctica, mellorar as competencias dixitais e concienciar sobre as vantaxes e riscos do ámbito dixital nas decisións financeiras cotiás.
A continuación compartimos calendario das sesións formativas e ligazón para inscribirse:
Nome Aula | Sesión 1 | Sesión 2 | Sesión 3 | Ligazón Inscrición |
Celanova | 17/06/2026 | 18/06/2026 | 25/06/2026 | |
26/06/2026 | 30/06/2026 | 01/07/2026 | ||
Abegondo | 22/06/2026 | 25/06/2026 | 30/06/2026 | |
Ribeira | 02/07/2026 | 07/07/2026 | 09/07/2026 | |
Vilagarcía de Arousa | 08/07/2026 | 13/07/2026 | 14/07/2026 | |
22/07/2026 | 27/07/2026 | 28/07/2026 | ||
A Coruña | 16/10/2026 | 23/10/2026 | 30/10/2026 | proximamente |