17Ago
Abegondo prepara as persoas desempregadas na nova comunicación empresarial
O Concello de Abegondo, a través da súa aula CeMIT, vai ofrecer unha actividade de formación gratuíta sobre información, ventas e atención ao cliente. Celebrarase na recta final do verán, os días 6, 7, 8 e 9 de setembro.
O obradoiro, especialmente destinado para persoas maiores de 30 anos e desempregadas, desenvolverase en colaboración coa asociación de acción social Red Araña. O horario será de 15.00 a 19.00 horas. Serán 20 horas de actividade formativa. O curso insírese na estratexia do Concello por favorecer a transformación profesional e a empregabilidade entre a veciñanza.