Aprende a comprender, utilizar e aplicar a Intelixencia Artificial no teu día a día

26Feb

Aprende a comprender, utilizar e aplicar a Intelixencia Artificial no teu día a día

 

Xa está dispoñible na Plataforma de Teleformación da Rede CeMIT a nova actividade formativa “Intelixencia Artificial”, un curso completo que che permitirá descubrir como funciona esta tecnoloxía e como aplicala na túa vida persoal, académica ou profesional dun xeito práctico, seguro e responsable.

A intelixencia artificial xa forma parte do noso presente. Nesta formación aprenderás a utilizala como unha aliada para mellorar a túa produtividade, crear contidos e reforzar as túas competencias dixitais.

 

Que aprenderás neste curso?

Nesta formación adquirirás coñecementos e habilidades prácticas para empregar ferramentas de intelixencia artificial. Aprenderás a:

  • Comprender que é a intelixencia artificial, como evolucionou e cal é o seu impacto na sociedade.
  • Utilizar asistentes conversacionais como ChatGPT e Gemini
  • Aplicar ferramentas de IA para a produtividade, a aprendizaxe e a creación de contidos.
  • Crear textos, imaxes, son ou vídeo mediante IA xerativa.
  • Promover un uso responsable, ético e seguro desta tecnoloxía.

 

Contidos do curso

O curso estrutúrase en cinco módulos:

  • Módulo I. A intelixencia artificial e os seus fundamentos: Introdución á IA, evolución histórica, vantaxes e consellos básicos para o seu uso axeitado.
  • Módulo II. Aplicacións prácticas da intelixencia artificial: Como a IA está a transformar o día a día das persoas e das empresas, importancia dos datos e boas prácticas para garantir a privacidade.
  • Módulo III. Como aproveitar as ferramentas de IA no teu día a día: Uso de asistentes dixitais, ferramentas gratuítas, software libre e elaboración de prompts efectivos.
  • Módulo IV. Creación de contidos dixitais con intelixencia artificial: Funcionalidades da IA xerativa para crear textos, imaxes, son ou vídeo, así como dereitos de uso e limitacións.
  • Módulo V. Legalidade, ética e ciberseguridade no uso da intelixencia artificial: Marco legal actual, desafíos éticos e cuestións de seguridade na sociedade dixital.

 

Duración, idioma e persoas destinatarias

  • Duración: 30 horas.
  • Idioma: integramente en galego.
  • Dirixido a: cidadanía en xeral interesada en mellorar as súas competencias dixitais, sen requisitos previos

Para obter o diploma que acredita que realizaches o curso deberás realizar o examen final de maneira presencial nalgunha das aulas CeMIT dispoñibles.

Anímate a participar e descubre como a intelixencia artificial pode converterse nunha aliada no teu día a día. 

Se aínda non formas parte da Rede CeMIT, rexístrate aquí para poder acceder ao curso.

Acceso directo ao curso: Curso: Intelixencia Artificial | EMA