A aula CeMIT de Fisterra acolle un taller práctico sobre o uso de tecnoloxías innovadoras.

Taller material innovador
11Set

A aula CeMIT de Fisterra acolle un taller práctico sobre o uso de tecnoloxías innovadoras.

Aula CeMIT Fisterra

A aula CeMIT de Fisterra é unha das 18 localizacións elixidas de toda Galicia para levar a cabo un taller para formar á cidadanía no uso de equipamento innovador. Os/as participantes nesta xornada aprenderán a manexar dispositivos como impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual ou kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi. Estas sesións, presenciais e cunha duración de 4 horas pertencen a un ciclo de 18 talleres levados a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para formar a persoas maiores de 16 anos sen necesidade de coñecementos previos na temática.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o mércores 13 de setembro para inscribirse e poden facelo na propia aula CeMIT, a través do teléfono 673081740 ou a través da seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/.../formacion-presencial/43009