A aula CeMIT de Fisterra énchese de persoas con ganas de aprender sobre ciberseguridade.

Xornada ciberseguridade CeMIT Fisterra
24Nov

A aula CeMIT de Fisterra énchese de persoas con ganas de aprender sobre ciberseguridade.

Aula CeMIT Fisterra

Achéganse unhas das datas do ano con máis calotes e estafas, motivadas polo Black Friday e as compras de Nadal.

Por esta razón, dende a aula CeMIT de Fisterra, de man de Alicia López, organizouse unha xornada formativa para dar a coñecer consellos de seguridade en dispositivos móbiles e principais expoñentes das fraudes.

Para a ocasión, contouse cun experto no tema: Nacho Álvarez (experto en ciberseguridade e responsable de formación no tema a nivel nacional e internacional), quen en repetidas ocasións nos instou a apelar ó sentido común.

“Gran comunicador”, “linguaxe cercana e precisa”, “gustoume moito a información dada e os exemplos”, “aprendín moitas cousas”, “repetiría sen dúbida”… estes son só algúns dos comentarios á saída da formación. No que coincidiron na súa totalidade é no de volver encantados/as a acudir novamente á charla.. O que está claro dada a resposta dos/as usuarios/as é que, de repetirse, haberá que facelo nun local máis amplo, posto que as 30 prazas da aula CeMIT quedan escasas.