
5Set
A Aula CeMIT de Porto do Son pecha o verán con accións formativo-tecnolóxicas nas parroquias para nenos e adultos
A Aula CeMIT do Concello de Porto do Son vai celebrar este outono actividades de formación tecnolóxica para adultos e nenos en todas as parroquias do termo municipal (Miñortos, Goiáns, Portosín, Nebra, Noal, Baroña, Queiruga, Caamaño, Xuño, San Pedro e Ribasieira). As persoas interesadas en participar teñen que contactar coa aula a través do teléfono 69948405.
O programa inclúe formación en mecanografía, ofimática, Internet, correo e o xestións administrativas en liña (Administración Electrónica).