A aula CeMIT de Ribeira acolle dous obradoiros de tecnoloxía creativa para a rapazada

Cartel da iniciativa.
28Xul

A aula CeMIT de Ribeira acolle dous obradoiros de tecnoloxía creativa para a rapazada

aula CeMIT de Ribeira vai dar cabida durante o mes de agosto a dous obradoiros gratuítos para a rapazada destinados a aprenderlles a usar a tecnoloxía dun xeito creativo, participativo e construtivo. Trátase de dous talleres abeirados ao programa STEAM, derrubando estereotipos, impulsados pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Os obradoiros celebraranse os días 10 (para rapaces e rapazas de 8 a 11 anos) e 12 de agosto (de 12 a 15 anos) e estarán impartidos por un membro da dita asociación AGASOL. As actividades introducirán aos asistentes nos seguintes contidos tecnolóxicos:

  • MakeyMakey: MakeyMakey é un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
  • Scratch: Scratch é unha linguaxe de programación creado polo MIT e especialmente deseñada para que todo o mundo poida iniciarse no mundo da programación.
  • Circuítos en papel: Aprenderase á rapazada a facer funcionar un circuíto eléctrico cun só LED e que este brille nun papel.

Tamén se introducirá aos participantes en proxectos máis avanzados que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucren ou uso de diferentes sensores e actuadores. Poderán elaborar postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva...

As inscricións ábrense este 27 de xullo. Pódense formalizar ben na aula CEMIT de Ribeira ou vía web.