A aula CeMIT de Ribeira introduce á cidadanía nos usos do certificado dixital e o eDNI

Mans tecleando.
17Nov

A aula CeMIT de Ribeira introduce á cidadanía nos usos do certificado dixital e o eDNI

A aula CeMIT de Ribeira desenvolverá entre o 22 e o 25 de novembro un novo curso sobre sede electrónica en horario de 11.30 a 13 horas. Segundo informa o Concello, o temario comprenderá por unha banda o certificado dixital (solicitude, instalación, realización de copias, probaturas en diferentes situacións) e pola outra as funcionalidades do DNI electrónico en materia de eAdministración (activación de certificados, cambio de clave, manexo, etc.).

As inscricións, de balde, pódense realiza na propia aula CeMIT (en Cubeliños, debaixo da Escola Infantil Municipal) ou ben na ligazón propia deste centro de divulgación e dinamización TIC.