A Aula CeMIT de Ribeira ofrecerá unha charla sobre ciberseguridade

Cartel da iniciativa.
10Mar

A Aula CeMIT de Ribeira ofrecerá unha charla sobre ciberseguridade

A Aula CeMIT de Ribeira, emprazada na contorna de Cubeliños, vai albergar o vindeiro luns 3 de abril unha charla dedicada á ciberseguridade, ou sexa, ás metodoloxías e recursos que podemos aplicar no noso día a día para garantir a protección da nosa información (e da allea) e das nosas comunicacións.

A sesión, titulada O teu día a día en liña, con seguridade, desenvolverase en horario de 11:30 a 13:00 horas e é de carácter gratuíto. Alí ofrecerase unha visión sobre a actualidade da dixitalización, os riscos ao ter en conta na navegación pola web e medidas recomendadas para facelo de forma segura.

As inscricións pódense formalizar na web da Aula CeMIT.