A Aula CEMIT de Ribeira recibe novo material disruptivo que incorpora a súa acción formativa

Juana Brión foi a encargada de recepcionar o novo equipamento de tecnoloxías disruptivas.
21Mar

A Aula CEMIT de Ribeira recibe novo material disruptivo que incorpora a súa acción formativa

A Aula CeMIT de Ribeira recibiu na mañá deste 21 de marzo novo material tecnolóxico procedente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) coa finalidade de que sexa incorporado a súa actividade formativa. A concelleira de Educación e Innovación Tecnolóxica, Juana Brión, foi a encargada de recepcionar o novo equipamento de tecnoloxías disruptivas, que inclúe os dispositivos que se citan deseguido.

  • Impresora 3D e kit de consumibles.
  • Kit de robótica, composto por robots educativos e kis de construción.
  • Drons.
  • Lentes de Realidade Virtual e controladores.
  • Kit de placas de comunicación e programación, composto por placas tipo Arduino e Raspberry Pi 4 Model Quad-core 64 bits. 

A entrega de equipamentos materializouse a raíz da solicitude do Concello de Ribeira de adherirse ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede de Aulas CeMIT.