Aprendizaxe práctica de ciberseguridade co obradoiro “Cibersegur@s: ameaza na rede” nas Aulas CeMIT
Aprendizaxe práctica de ciberseguridade co obradoiro “Cibersegur@s: ameaza na rede” nas Aulas CeMIT
Con motivo do Día Internacional da Protección de Datos (28 de xaneiro), na Aula CeMIT de Moaña celebrouse o obradoiro Cibersegur@s: ameaza na rede, unha sesión de dúas horas que combinou teoría, reflexión e práctica para fomentar boas prácticas dixitais e consolidar coñecementos sobre ciberseguridade.
Un dos elementos innovadores deste obradoiro foi o xogo de cartas Cibersegur@s: ameaza na rede, deseñado para que as persoas participantes puidesen poñer en práctica os conceptos aprendidos de forma interactiva. Cada carta representa un risco ou ameaza dixital, e a dinámica permitiu analizar, discutir e aplicar medidas preventivas para protexer a información persoal e a identidade dixital. Esta metodoloxía converte a aprendizaxe nunha experiencia participativa, reforzando a formación e facendo que a protección de datos sexa comprensible e aplicable no día a día.
A actividade destacou a importancia de hábitos responsables e seguros na rede, mostrando o valor da formación que se ofrece nas Aulas CeMIT.
#Formación #ProtecciónDeDatos #AulasCeMIT #BoasPrácticasDixitais #Ciberseguridade
![]() | ![]() |

