
Solicitude de INSCRICIÓN nas probas de avaliación para a obtención do CODIX - ed. 2/2021
De acordo co establecido na Resolución do 14 de setembro de 2021 (DOG nº 184 de 23 de setembro) pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, publícase a listaxe de centros da rede CeMIT e horarios de realización de ditas probas para facilitar a cumprimentación da súa INSCRICIÓN.
Tal e como se recolle na base Cuarta.4, soamente poderá escoller unha única localidade, día e hora, sendo excluídas aquelas persoas que seleccionen máis dunha opción.
Unha vez remate o prazo de preinscrición (o xoves 30 de setembro inclusive), realizarase o sorteo público de extracción das letras para obter a orde de prelación por apelidos das persoas con dereito á matriculación. O resultado publicarase nesta web sobre o luns 04 de outubro e as persoas seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico coas instrucións para realizar a súa matriculación mediante o pagamento das taxas ou da xustificación da súa exención.
Inscrición
Facer click enriba da quenda seleccionada para proceder a súa preinscrición (Prazo aberto dende o venres 24 ata o xoves 30 de setembro, inclusive)
O sistema pediralle as súas credenciais de usuario/a da rede CeMIT para identificarse, previamente a realizar a súa solicitude de inscrición na actividade.
Pode comprobar ou actualizar os seus datos persoais, credenciais-contrasinal de acceso ou a conta de correo electrónico onde nos comunicaremos con vostede na web: https://aulascemit.xunta.es/usuarios