Convocatoria dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT

premios Axentes TIC
8Ago

Convocatoria dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT

O Diario Oficial de Galicia do 24 de xullo (DOG nº  140) ven de publicar a convocatoria e as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT para este ano 2023.

Estes premios, que se convocan por primeira vez, teñen por obxectivo recoñecer aquelas iniciativas e dinamizadores (axentes TIC ou responsables de aula) que desenvolven accións de transformación dixital e que contribúen a reducir a fenda de acceso e uso das tecnoloxías dixitais e mellorando a empregabilidade e as competencias dixitais da cidadanía.

Así, premiaránse aquelas iniciativas máis creativas, orixinais e mellor desenvoltas nas cales se empreguasen algúns dos complementos tecnolóxicos punteiros cos que foron dotadas as aulas CeMIT durante este ano: lentes de realidade virtual, drons, kits de robótica, impresoras 3D ou kits de placas de comunicación e programación.

Existen 2 categorías de premios, dotada cada unha delas de 2.000 euros (no caso de persoa individual) ou 3.000 euros se a solicitude é dun equipo:

  • Espazo maker: destinada ás iniciativas destinadas a infancia/mocidade e/ou adultos
  • Maiores dixitais: destinada ás iniciativas destinadas a persoas maiores

O prazo para a presentación de solicitudes é de dous (2) meses contados a partir do día seguinte desta publicación no Diario Oficial de Galicia